Cursos de idioma inglés para adultos e nenos no Kildare Language Institute
KLI - A Escola
O Kildare Language Institute (KLI) é coñecido pola súa excelencia académica no ensino e aprendizaxe do inglés como segunda lingua. Todos os nosos profesores están altamente cualificados e son falantes nativos graduados universitarios con anos de experiencia no ensino do inglés como segunda lingua. Ademais de manter os máis altos estándares de ensino, o noso propósito é garantir que cada alumno estuda nun entorno amigable e acolledor.
Localización
O KLI está situado nun dos países máis amigables e fermosos do mundo: en Co. Kildare, Irlanda, entre dúas institucións educativas de terceiro nivel. Maynooth é unha cidade universitaria vibrante, segura e acolledora que se atopa a 20 Km do centro de Dublín e a 30 minutos do aeroporto de Dublín. Pódese chegar ao centro de Dublín dende Maynooth mediante servizos regulares de autobús e tren.
Os nosos cursos
O Kildare Language Institute (KLI) ofrece un amplo abano de cursos de inglés, entre eles inglés estándar, inglés intensivo, inglés para negocios e inglés para propósitos especiais, ademais de inglés para exames internacionais como os de Cambridge e o IELTS. Os cursos para adultos e para nenos impártense por separado.
Ofrecemos os seguintes niveis:
- Principiantes
- Elemental
- Elemental-intermedio
- Intermedio
- Intermedio-avanzado
- Avanzado
- Exame de Cambridge First Certificate (FCE)
- Exame Avanzado de Cambridge (CAE)
- Exame de pericia de Cambridge (CPE)
- IELTS
¿Necesita axuda para elixir o seu nivel? Faga o noso Test en liña ou Descubra o seu Nivel
Tamén impartimos outros cursos para exames. Aparecen a continuación.
Contido xeral do curso
Cada curso estrutúrase especificamente con propósitos e obxectivos claros para garantir que cada estudante faga progresos significativos diariamente. Cóbrense todas as áreas principais: escritura, fala, escoita, lectura, vocabulario, gramática, pronunciación e moitas máis. Os alumnos que asisten ás clases do Kildare Language Institute tamén reciben notas exclusivas do KLI de calidade superior. Esforzámonos, a todos os niveis, para que o alumno colla seguridade á hora de falar o idioma.
Utilizamos varias técnicas e estímulos pedagóxicos para axudar aínda máis á aprendizaxe. As clases teñen lugar nun entorno relaxado e interactivo onde se anima aos estudantes a facer preguntas e participar activamente nas clases.
Opcións da escola para nenos (12 - 18 anos)
| Opcións do curso para nenos |
Horario do curso para nenos |
Opción A: Curso estándar (15 horas á semana)
Opción B: Curso intensivo (20 horas á semana) |
Opción A: 9.30 – 12.30 (luns a venres)
Opción B: 9.00 – 13.00 (luns a venres) |
Opcións da escola para adultos (18+ anos)
| Opcións do curso para adultos |
Horario do curso para adultos |
Opción A: Curso estándar (20 horas á semana)
Opción B: Curso intensivo (25 horas á semana)
Opción C: Curso de negocios (25 horas á semana)
Os estudantes teñen o curso estándar pola mañá e estudan inglés para negocios pola tarde, durante unha hora diaria. |
Opción A: 9.00 – 13.00 (luns a venres)
Opción B: 9.00 – 13.00 & 14.00 – 15.00 (luns a venres)
Opción C: 9.00 – 13.00 & 14.00 – 15.00 (luns a venres) |
Duración das clases: Cada clase dura 55 minutos.
Número de alumnos por clase: Existe un número limitado de alumnos por clase para garantir unha maior interacción e un ensino máis axeitado. O tamaño medio da clase é de 12 alumnos, cun máximo de 15 alumnos por clase.
Lote de inicio
A cada estudante se lle entrega:
- Tarxeta de estudante do KLI (para obter descontos de estudante no país)
- Carpeta do KLI
- Reposto do KLI
- Bolígrafo do KLI
Primeiro día: Antes de comezar coas súas clases de inglés, os alumnos realizan un breve exame escrito para determinar o seu nivel. Para comezar nun determinado nivel requírese un mínimo de 6 alumnos.
Os nosos profesores: Todos os nosos profesores están altamente cualificados e son falantes nativos graduados universitarios con anos de experiencia no ensino do inglés como segunda lingua. Todos os nosos traballadores son amigables e accesibles, e gozan dunha excelente relación cos alumnos. O noso método céntrase ao 100% no alumno. Cremos na importancia de traballar nun entorno axeitado de ensino e aprendizaxe, polo que usamos diversas técnicas e estímulos de ensino para mellorar a aprendizaxe. Anímase ós alumnos a facer preguntas e participar activamente nas clases.
Valoración: Facemos avaliacións semanais de cada estudante por medio e exames orais e/ou escritos para asegurarnos de que progresan significativamente semana tras semana.
Sistema de estudantado en liña: O Kildare Language Institute fixo grandes investimentos no desenvolvemento dun moderno sistema de estudantado personalizado en liña. O sistema de estudantado en liña do KLI é un dos sistemas máis avanzados do mundo. Esta tecnoloxía propia permite ós alumnos aprender de maneira máis efectiva, ademais de poder interactuar máis activamente. Os estudantes poden consultar as notas dos seus exames semanais, a súa asistencia, os comentarios dos seus profesores, a facturación en liña e moito máis, todo a través de Internet. www.kli.ie/student
Ademais, para pais /titores de alumnos menores de 18 anos, os pais / titores dispoñen tamén dunha Conta En Liña de Pai / Titor para acceder aos rexistros de asistencia, notas de exames, comentarios de profesores, facturación en liña e moito máis sobre o seu fillo ou filla. www.kli.ie/parent ou www.kli.ie/guardian
Certificado: Tras completar un curso con éxito, cada alumno recibe un certificado oficial emitido polo Kildare Language Institute. Ademais, cada alumno recibe tamén un detallado Informe de Progreso. Se así o solicita, se lle dará asimesmo un Certificado de Asistencia.
___________________________________________
Cursos para preparación de exames
O Kildare Language Institute ofrece un amplo abano de cursos para exames. Considerámonos á cabeza da excelencia educativa e os nosos cursos para preparar exames de inglés como segunda lingua non son unha excepción. Estamos orgullosos dos nosos profesores, cuxa alta motivación e experiencia axuda en boa medida a que os alumnos consigan excelentes resultados.
Os nosos cursos están deseñados para darlle a preparación completa necesaria para ter éxito no exame que elixa. Tamén recibirá asesoramento individual no que respecta a en que áreas do inglés necesita traballar máis para obter unha boa nota no exame.
Ademais disto facemos un seguimento semanal de cada alumno para garantir que desenvolve o seu máximo potencial. Damos notas exclusivas para cada curso, analizamos cada exame paso a paso, centrámonos nas técnicas de exame e conseguimos resultados excepcionais.
Impartimos cursos para os seguintes exames. Faga clic no nome do exame para mais información...
Cursos para exames de negocios
Tamén impartimos cursos para os seguintes exames de inglés de negocios. Faga clic no nome do exame para mais información...
* Teña en conta que estes cursos para exames de adultos, nenos e de negocios marcados cun asterisco (*) impártense en horas adicionais ás do Curso Estándar e do Curso Avanzado. Os alumnos asisten ao Curso Estándar ou ao Curso Avanzado pola mañá e prepáranse para o exame pola tarde. (5 horas extra por semana). Necesítase un mínimo de 8 alumnos para iniciar un curso para un exame.
___________________________________________
Cursos de inglés de negocios
No mundo global moderno onde o inglés é o idioma do comercio, de Internet, dos mercados e das redes, ser capaz de conversar en inglés constitúe unha gran vantaxe, se non unha necesidade. Ademais, un bo coñecemento de inglés pode ser inestimable no mercado de traballo, ao tempo que supón unha gran vantaxe para mellorar na súa carreira profesional.
Cada Curso de Negocios está impartido por un Profesor de Lingua de Negocios con anos de experiencia axudando aos alumnos a conseguir resultados extraordinarios. Considerámonos á cabeza da excelencia educativa cos nosos cursos de lingua de negocios.
Animamos aos estudantes a facer presentacións baseadas nos materiais das clases e na súa propia experiencia. Este é un curso ideal para axudar aos profesionais a ter máis confianza e competencias no uso do inglés nun contexto de negocios. Ademais os cursos poden personalizarse conforme ás necesidades do alumno.
Os nosos cursos están deseñados para darlle a preparación completa necesaria para ter éxito no inglés dos negocios. Recibirá notas exclusivas ademais de asesoramento individualizado respecto a en qué áreas do inglés debe traballar máis para ter aínda máis éxito.
Exemplos de áreas cubertas inclúen:
| Comunicación de negocios |
Comercio electrónico |
| Publicidade nos negocios |
Negociacións |
| Planificación de negocios |
Presentacións |
| Linguaxe de vendas |
Capacidades de lectura e escritura de inglés de negocios |
| Inglés ao teléfono |
Correo electrónico e Internet |
| Documentos de negocios |
Vocabulario de negocios |
| Discusión de estatísticas |
Mercadotecnia |
| Locucións e expresións de negocios |
Análise / Descrición de tendencias e cifras |
| Comercio |
Comunicación en reunións |
Cursos para exames de negocios
Para os alumnos que desexan conseguir Cualificacións Internacionais en Inglés Comercial, impartimos cursos que preparan os estudantes para os seguintes exames de inglés comercial. Faga clic no nome do exame para mais información...
* Teña en conta que estes cursos para exames de inglés comercial marcados cun asterisco (*) impártense en horas adicionais ás do Curso Estándar. Os alumnos asisten ao Curso Estándar pola mañá e prepáranse para o exame pola tarde. (5 horas extra por semana). Necesítase un mínimo de 8 alumnos para iniciar un curso para un exame.
Grupos de empresa
Agora máis que nunca un bo dominio do inglés comercial é necesario para ter éxito no comercio e os negocios internacionais. Por iso cada vez hai máis empresas que animan ós seus empregados a asistir a clases de inglés no Kildare Language Institute para mellorar o seu nivel. Os beneficios para as empresas son enormes: os negocios se manexan de xeito máis efectivo e se mellora a comunicación entre empregados e clientes, o que, á súa vez, aumenta as marxes de beneficio.
O KLI ofrece tarifas reducidas para empresas que desexan enviar a parte dos seus empregados a mellorar o seu nivel de inglés. A redución depende do número de empregados que asistan ás clases. Esta oferta está a disposición de pequenas, medianas e grandes empresas.
___________________________________________
Titorías privadas / Inglés para propósitos especiais.
Titorías privadas / Inglés para propósitos especiais no Kildare Language Institute
O Kildare Language Institute imparte titorías privadas con profesores de inglés altamente motivados, experimentados e cualificados.
Os alumnos con frecuencia sérvense das titorías privadas para mellorar a súa comunicación verbal, gramática, escritura, o seu nivel de escoita, pronunciación, a súa preparación para exames e por moitas outras razóns. Tamén se serven das titorías privadas boa parte dos estudantes de inglés comercial. Algúns estudantes requiren materias especiais, que tamén impartimos.
___________________________________________
O programa social do KLI
O KLI esfórzase especialmente en garantirlle unha estadía pracenteira con múltiples actividades divertidas que realizar. Esta é a razón pola que pensamos en moitas formas de que vostede se divirta ao tempo que aprende inglés no KLI de Irlanda. A continuación mostrámoslle algunhas das actividades que poden realizar os nosos alumnos:
Exemplos de actividades deportivas vespertinas:
- Fútbol
- Baloncesto
- Badminton
- Tenis
- Squash
- Natación e moitas máis
Exemplos de actividades fóra do campus:
- Baile irlandés nun pub tradicional irlandés
- Bolos
- Minigolf
- Golf
- Equitación
- Cine
Exemplos de excursións de medio día
- Visita a Dublín
- Museo GAA de fútbol irlandés
- Fábrica Guinness
- Cárcere histórica de Kilmainham
- Destilaría de Whiskey Jameson
- Museo Nacional de Historia
Exemplos de excursións para os sábados
- Cidade de Dublín
- Cidade de Galway
- Castelo de Kilkenny
- Outeiro de Tara / Val de Boyne
- Glendalough
- Powerscourt
- Bray Head
- Howth
Os alumnos poden elixir tomar parte nas actividades vespertinas e nas excursións de fin de semana. As actividades que se realizan tanto dentro como fóra do campus cóbranse aparte das cotas do curso e do aloxamento.
___________________________________________
Aloxamento no KLI
Os alumnos do KLI poden elixir entre unha grande variedade de opcións de aloxamento. Todo o aloxamento é coidadosamente seleccionado e inspeccionado para garantir que vostede se encontre o máis cómodo posible.
Aloxamento cunha familia local:
Moitos estudantes elixen aloxarse cunha familia local. Cada familia é seleccionada coidadosamente e controlada para garantir que vostede se encontre o máis cómodo posible. Pode elixir a opción de aloxamento en cuarto dobre ou individual. O aloxamento con familia local inclúe almorzo, xantar e cea de luns a venres, todas as comidas os fins de semana e servizo de coada esporádico. O aloxamento, polo xeral, está a curta distancia do KLI.
Aloxamento en casa independente:
Os estudantes teñen tamén a opción de aloxarse nun cuarto dobre ou individual nunha casa con outros alumnos. Todas as casas están a curta distancia do KLI e dispoñen de cociña equipada, lavadora, secadora e TV/DVD. Á chegada proporciónase roupa de cama e toallas.
Aloxamento en apartamento:
Os estudantes teñen tamén a opción de aloxarse nun cuarto dobre ou individual nun apartamento con outros alumnos. Todos os apartamentos dispoñen de mobles modernos e acceso controlado. A maioría dos apartamentos son tipo suite e dispoñen de cociña totalmente equipada, lavadora, secadora e TV. Á chegada proporciónase roupa de cama e toallas.
Aloxamento en pensión, B&B e hotel:
O Kildare Language Institute tamén ten as opcións de aloxamento en pensión, B&B (estancia nunha casa particular durante un determinado período de tempo con dereito a almorzo) e hotel. Todos eles están cerca do KLI. Contacte connosco para máis información sobre prezos, datas e dispoñibilidade.
Así que nunca houbo unha época mellor para aprender inglés. Encantaríanos telo como alumnoe que se divirta connosco no KLI Irlanda. Non dubide en poñerse en contacto connosco se ten algunha pregunta, se necesita máis información ou se desexa realizar algunha reserva.
¿Máis información...?
¿Desexa vostede poñerse en contacto connosco?
Ver comentarios dos estudantes
Ler 10 razóns para escoller o KLI
Facer o noso Exame en liña de inglés
Saber máis sobre os niveis dos cursos e resultados dos exames
Saber máis sobre o noso Sistema de Estudantado en liña
Ver ónde está situado o KLI
Ver fotos de Kildare e de Dublín
Ver fotos do noso programa social
Ver fotos dos nosos aloxamentos
Saber máis dos requisitos de visado
Descargar o noso folleto
Consultar o noso calendario
Ver as datas e prezos da escola para nenos
Ver as datas e prezos da escola para adultos
Obter un presuposto para a súa estadía
¿Desexa vostede reservar o seu curso?
|